Está claro que hai que ter sempre allos na casa. Tanto dan para unha receita rica, como para unha menciña natural, como para unha bendición. E fixádevos nas palabras que usa Clara cando bendice a pezoña. Hai verbas que un día se perderon e que logo tivemos que aprender na escola. Palabras que pensamos inventadas por unha academia porque nós, falantes de galego, nunca antes as oiramos. E aquí están.Aparecen de cando en vez nas bendicións antigas demostrando que para os nosos avós eran de uso habitual. Non aprendemos un idioma: estámolo levantando das súas ruínas. E hai palabras que son como tesouriños vellos. Adoito recoller soa. E ese día na casa de Clara non había ninguén máis. Así que puxen a cámara no trípode e deixeina gravando.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *