Pasei meses buscando ratos que servisen para fritir. Pero atopar un niño non é tan doado. Máis ben aparece cando el quere. Din que antes atopábanse moitos nos palleiros que se facían cos pés de millo, pero agora xa hai pouca xente que o prante.
Os ratos teñen un oído finísimo. Son capaces de percibir sons que nós non oiríamos nunca. Será quizais por iso que este remedio destinado ós problemas de oídos, utiliza crías de ratos. Parece que dalgún xeito, quere destilar a esencia do animal para transmitirlla ó humano.
Foi unha sorte que nos contase este remedio Mari Carmen, que endulza todo co seu humor, porque a receita deste aceite milagreiro non é para tódolos públicos. palabrassecretas.es