A autoestrada cortou o camiño dos defuntos de Salcedo. Os veciños non pararon as protestas ata que a empresa construtora volveu unir cunha ponte os dous anacos desa vía. Os vivos non tiñan problema por variar a ruta uns metros e transitar por outra ponte próxima. Pero o camiño dos defuntos é a ruta que percorre o Acompañamento cando vén anunciar unha morte. E cos mortos non se xoga.

Antigamente, os mortos velábanse na casa e o defunto levábase ao enterro a pé por unha das vías principais da parroquia (non podía ir atravesando unha veiga ou por unha corredoira). Esas vías principais formaban o camiño dos defuntos. E por ese camiño transitaba de noite o Acompañamento, a procesión das ánimas.

En Salcedo a morte aínda forma parte da vida. Aquí saben recoñecer os xeitos nos que se anuncia. Un ouveo, un vento forte ou os abellóns poden tras de si un falecemento. O mesmo espíritu da persoa falecida pode aparecérselle a algún veciño no mesmo momento de desprenderse do corpo. E cando alguén morre non é raro que veña despedirse dalgún ser querido.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *