As vacas son para a xente do campo uns dos bens máis prezados da casa. Sobre todo, se estas vacas son tan boas como as de Eduardo. Cando o gando é bo, crese que pode espertar a envexa doutros veciños e que, por facernos mal, alguén pode botarlle o mal de ollo.