O responso de santo Antón é unha oración que coñece moita xente. Todos podemos rezala para pedir protección para os animais, para as persoas ou para atopar cousas perdidas. Pero só uns poucos, os arresponsadores, teñen o don de adiviñar mentres a rezan. Algúns poden ver o que vai acontecer no futuro.