Nin tests de compatibilidade, nin axencias matrimoniais, nin aplicacións para ligar. A receita infalible para atrapar forte o amor téñena as mulleres dende a orixe dos tempos. Contáronnolo en Salcedo. E aínda non nos atrevemos a probalo…

Casar e ter fillos era unha das maiores preocupacións na sociedade tradicional. As mulleres tiñan unha gran presión do entorno para que atopasen un home que quixera casar con elas. Ser abandonada por un mozo era a maior das afrentas para unha muller e quedar solteira era considerado practicamente unha desgraza. Aquí vemos algúns “remedios” tradicionais para atraer un home, para asegurarnos de que non nos abandona ou para castigalo sen piedade en caso de que case con outra.

Recollemos ademais a lenda de que o inquisidor da zona tiña dereito de pernada. Non hai evidencias históricas de que isto ocorrese pero o terror á Inquisición foi tal que deixou tras de si unha memoria negra que dura ata os nosos días.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *