Só os máis vellos coñecen tódolos usos que pode ter o sal. Ese mesmo sal que cura a carne no salgadoiro e impide que os parásitos a corrompan serve tamén para afastar outros males do espírito. Os baños de sal curan o corpo. E o mar profundo é tamén o lugar a onde se mandan tódolos males que nos afectan. Hai moitas bendicións que falan do mar, moitos rituais nos que o enfermo ten que ser bendicido con loureiro que mire o mar e tamén ensalmos que curan falando do mar. Rosario é unha desas persoas que falan pouco. Pero cando empeza a contar é unha delicia, porque garda un coñecemento moi vello e fala coa humildade dos sabios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *