Carme díxome que faría a bendición de verdade. Non era un posado para a cámara. Aseguroume que ma faría desexando profundamente que as cousas me saísen ben. E bendiciume no corredor da súa casa cos bantieiros (sabugueiros, bieteiros…). Eu sentín profundamente o seu afecto. E fíxome moito ben Esta gravación fíxose nos Ancares en marzo.